viernes, 21 de junio de 2013

Ruta ciclista

Ola a td@s,o pasado 31 de maio os nenos/as de 4º,5º e 6º do cole xunto a algunhas profes e outros nen@s e profes doutros coles do concello, fixemos unha ruta en bici.O itinerario foi o seguinte:saímos do pavillón do Cristo de Mugardos ata a punta do Segaño e de alí ata a capela de Chanteiro e logo o mesmo percorrido de volta.Velaí unha pequena demostración da nosa fazaña.


martes, 4 de junio de 2013

Os xogos populares

O pasado 29 de maio os alumn@s do segundo ciclo foron ao cole da Capela para participar nas actividades de xogos populares.Velaí unha mostra dos xogos nos que participaron.

jueves, 9 de mayo de 2013

voley

Os nen@s de 5º e 6º están a traballar neste trimestre o voley. Se queredes saber un pouco máis sobre este deporte pinchade sobre a foto.




martes, 30 de abril de 2013

EXERCICIO FÍSICO=RENDEMENTO INTELECTUAL

O EXERCICIO AERÓBICO MELLORA O RENDEMENTO INTELECTUAL 

    A ciencia da un paso adiante establecendo os mecanismos polos que o exercicio físico aumenta o rendemento intelectual das persoas.
    Os científicos da universidade de Illinois comprobaron como a actividade física aumentaba o rendemento intelectual das persoas, especificamente nos nen@s. Nos test que lles fixeron demostraron que os nen@s cunha maior condición física obtiñan resultados frente aos de menor condición aeróbica.
    A conclusión é que, o exercicio aeróbico pode mellorar a capacidade neuronal desenvolvendo o coeficiente intelectual dos nov@s.